Archive for Xuño, 2012

Xuño 13, 2012

Carta dos pais de Roberto Liñeira e Albino López a “El Pais”, xuño 1981

Adhesivo editado en 1997

«Como pais e parte interesada en todo o concernente á morte dos nosos fillos Roberto e Albino, creemos que temos que dicir algo que pode axudar a aclarar os feitos e despexar certas incógnitas que non se escapan a máis elemental análise. Téñennos que explicar como é posíbel ocultar, nun pantalón vaqueiro, unha pistola do tamaño de Star do nove longo nunha perna do pantalón; todos sabemos que son esaxeradamente estreitos. E polas probas que fixemos con armas de xoguete, podemos asegurar rotundamente que, non que se pode ocultar sen ser notada.

Se esta pistola non era a que levaba Albino e si Dolores, como é posíbel que esta puidese ocultala na caluga, segundo unha versión, ou debaixo dunha viseira, segundo outra, co cabelo tan curto e pouco abundante que tiña? Tamén fixemos probas e non é posíbel que esta se suxeite na cabeza dunha persoa de 46 quilogramos de peso aproximadamente, e de pouco corpo, cabeza pequena, sen ser notada nos seus movementos.

Segundo versión oficial, ambos os dous (Albino e Dolores) sacaron as súas armas que levaban ocultas; ela na cabeza ou caluga e el no pantalón. Loxicamente, ela tivo que levantar un brazo e a el agacharse para tomar senllas pistolas, como se explica que ambos os dous recibisen os impactos a 146 centímetros aproximadamente do chan, ela no pescozo e cara, e el no peito e ambos os dous claramente de dous refachos do mesmo subfusil.

Nese momento había tres gardas civís e dous foron feridos, un de gravidade. Examinouse por un perito xudicial experto en balística se o proxectil procedía das armas dos mozos? Teñen que explicarse por que Albino presentaba un tiro na tempa perpendicularmente oposto ao refacho…

Roberto Liñeira recibiu un impacto no dedo corazón da man dereita, o que demostra que, ou tiña a man no rostro ou tiña a arma empuñada, segundo a versión oficial, o que puido facer que quedase instantaneamente desarmado. Era preciso matalo? Pode que lle desen antes na cabeza, pero entón teríase derrubado. Esixo que se demostre ante todas estas circunstancias por que se lle matou. Ao outro mozo aseguran que non chegou a tomar a súa arma e o mataron tamén.

O artigo 15 da Constitución, di que queda abolida a pena de morte, nin ninguén será sometido a trato inhumano… Polo tanto, todos estamos obrigados a respectar a integridade física dos demais, en especial os que representan a orde, posto que son eles os que teñen que velar para que isto se cumpra, pero nunca para substituír os xuíces, debendo de ter en conta que somos os cidadáns os que mantemos este aparato, en especial os traballadores…

Sabido é de todos que ambos os dous enterros estaban tomados pola Garda Civil e Policía Nacional, mesmo de paisano dentro destes…

E, por último, tamén preguntariamos a dirección do PSOE e ao PC como é posíbel que a toda esta xente, coñecidos anti-demócratas, se lles dese unha patente de corso, coa Lei Antiterrorista, sabendo que esta ferramenta en mans dalgúns é nefasta. Ao mesmo tempo, solicitamos deses comités executivos pidan unha explicación no Congreso, independentemente dos recursos legais que procedan.»

Roberto Liñeira Graña e Gumersindo Gabriel

Publicado en El País o 30 de xuño de 1981

Etiquetas: ,
Xuño 11, 2012

XXXI Cabodano do asasinato dos galegos Roberto Liñeira, Albino López, Dolores Castro e do catalán Antonio Cabezas

Placa en memoria do mártir Roberto Liñeira

O vindeiro domingo 17 de xuño, cúmprese o 31 aniversario da morte ás mans da Garda Civil de 4 militantes dos GRAPO en La Farga de Bebie, Las Lloses, Girona. Masacre que, xunto á de 4 activistas dos Comandos Autónomos Anticapitalistas (CAA) na Baía de Pasaia no 84, son as maiores matanzas policiais de militantes revolucionarios dende o 27 de setembro de 1975, con Franco aínda vivo.

O catalán Antonio Cabezas Bella e os galegos Francisco Roberto Liñeira Oliveira, Albino Gabriel López e Dolores Castro Saa formaban un comando operativo da organización armada GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro) que neses meses de marzo, abril, maio e xuño de 1981 se mostrou especialmente activo. Estábanse a vivir momentos vitais na política española e europea e a devandita organización achábase no centro do ciclón.

O día 16 de xuño o comando composto por estes catro militantes enfróntase a tiros coa Brigada Antiterrorista en Barcelona. Conseguen fuxir e recalan nun pobo preto da fronteira con Francia. O día 17 instalan a súa tenda de campaña aos arredores de La Farga de Bebie, en Las Lloses, a uns poucos quilómetros de chan francés. Albino Gabriel López e María Dolores Castro Saa se encamiñan ao pobo a por información sobre trens e algo de comida e tabaco. Van vestidos como simples turistas, algo habitual neses pobos fronteirizos.

Antonio Cabezas Bella e Roberto Liñeira Oliveira agardan na tenda de campaña a uns quilómetros do pobo, nunha zona estratexicamente situada e moi disimulada nunha campa de moi difícil absceso.

Albino e Dolores, no pobo, son localizados pola garda civil e detidos. Levados ao cuartel, un enclave estratéxico na loita contrarrevolucionaria xa dende os tempos do maquis antifascista, pois dende el se controlan os pasos a Francia son, polo que obxectivamente parece son brutalmente torturados e asasinados.

A versión do Estado foi que Dolores levaba unha pistola camuflada (no cabelo!!) e que ao intentar usala foron abatidos (de feito, os seus cadáveres estaban literalmente partidos por refachos de metralladora).

A realidade é que lles tiveron que sacar con brutais pero rápidas torturas a información da localización dos seus compañeiros, pois dende as 15.45 que se oíron os disparos polos veciños do pobo até a localización e acribillamiento dos seus outros dous camaradas, ás 18.29, até ese afastado pobo de Girona desprazáronse decenas e decenas de gardas civís e os dous máis altos cargos da Garda Civil en Catalunya. Todo iso en apenas dúas horas e corenta e catro minutos. Entre os altos cargos, o Tenente Coronel Blázquez Pedraza, xefe da comandancia de Girona, e o Xeneral Pajuelo, xefe da 4ª Zona (Catalunya).

O dispositivo de detectar e matar cumpriu a súa primeira parte. Só faltaba localizar o resto de militantes antifascistas. Actívase un círculo en torno á campiña na que estaban Roberto e Antonio. As torturas deberon facer efecto, porque a tenda estaba moi ben escondida e aínda así en menos de dúas horas dende o asasinato dos 2 primeiros militantes xa estaban localizados. Polo menos un grupo de 18 gardas civís descargan sobre eles centos de balazos, asasinándoos no acto e deixando os corpos tirados por varias horas.

Como todos os anos, dende hai 31, renderáselle homenaxe a estes catro antifascistas na cidade da Coruña -domingo 17 no cemiterio de San Amaro ás 13 h-, onde está enterrado Roberto Liñeira.

Etiquetas:
Xuño 6, 2012

«A nosa liberdade está ligada á conquista de liberdades políticas para a nosa clase» Xurxo García Vidal

«O réxime fascista sabe que ten diante a un colectivo de presos políticos comunistas, antifascistas e solidarios, forte, unido e consciente. Sabe que non temos ningunha meta individual na prisión, o mesmo que non nos levou a ela ningunha aspiración individual, polo que as súas presións de rendición a cambio de “liberdade” están condenadas ao fracaso. Dixémolo infinidade de veces: os comunistas aquí e na rúa temos o mesmo compromiso militante e a cuestión da nosa liberdade está intimamente ligada á conquista de liberdades políticas, laborais, sociais para a nosa clase e para os pobos das nacións oprimidas. Mentres non conquistemos esas liberdades seguiremos na trincheira, sexa na rúa ou nas prisións da Monarquía-Fascista. ¡ DENTRO E FÓRA RESISTENCIA!! (…)»

Xurxo García Vidal

Preso político dos GRAPO

Prisión de Albolote (Granada)

Etiquetas: ,