Archive for Marzo, 2016

Marzo 21, 2016

Violencia policial nun acto de apoio ao Dépor

Dende o Comité queremos denunciar a carga policial que se produxo o pasado sábado, totalmente inxustificado e desproporcionado. Cabe salientar que era un acto, sinxelo de apoio ao Dépor, onde había familias enteiras, mulleres, nenos, vellas e vellos…..Unha vez máis La Voz de Galicia cargou as tintas contra o colectivo Riazor Blues, criminalizándoos e culpabilizándoos, cando  a única culpable, foi a policia cargando nun acto totalmente festivo e lúdico. A continuación reproducimos o comunicado conxunto dos Riazor Blues e Federación de peñas. asi como as fotos dalgún ferido que terá que ser operado das lesións.

12108078_855772897865464_7177770920695019929_n

10985174_10207459094186949_6155522591574319338_n

Este é o titular lixo da Voz, cumplindo fielmente o seu papel desinformativo

12072810_855503171225770_3636024542023268234_n

Marzo 8, 2016

8 de marzo, dia da muller traballadora

Victoria Gómez Méndez1Hoxe, dende o Comité de Solidariedade coas Presas e Presos poíticos/as, sumámonos á xornada reivindicativa do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Para nós,trátase dun día para lembrar a loita histórica de miles de mulleres (moitas de elas aínda hoxe invisibles)coa fin de lograr a súa –nosa- emancipación, e para non esquecer o camiño que nos queda por percorrer para conquistar o noso presente e futuro.

Neste día non esquecemos que as mulleres traballadoras (dentro e fora do fogar), baixo o xugo de dous sistemas criminais como son o patriarcado e o capitalismo, seguemos a sofrer a opresión máis brutal, que se acentúa máis se cabe no marco de crise no que seguimos inmersas. As intolerables barreiras ás que nos debemos enfrentar cada día (explotación, invisibilización, violencia, negación de autonomía, etc) seguen sendo incontables, e as súas consecuencias, mortais.

Por suposto, tampouco queremos esquecernos hoxe de todas as mulleres que loitaron polos nosos dereitos, para que o mundo sexa un lugar mellor e máis xusto. Moitas de elas hoxe están encarceradas. Son presas políticas que, literalmente, deron todo por esta loita e que seguen sofrendo, coa cabeza ben alta, as represalias do Estado. Non debemos deixar que as íllen, encarcelen, torturen. Que o día de hoxe serva tamén para reivindicar a Amnistía, para berrar ben alto que as queremos fóra, con nós, e que con elas e todxs xs demáis rematemos con estes sistemas xenocidas e academos, ao fin, a máis plena igualdade e emancipación.

Sen mulleres non hairevolución!

Comité de Solidaridade cxs Presxs Politicxs