SOLIDARIEDADE CON MANUEL ARANGO

16681776_1373220272730284_8558697472659644429_n

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CXS PRESXS POLITICXS.
DIFUNDE E DENUNCIA O CASO URXENTE DE MANUEL ARANGO!

Manolo Arango, militante do PCE(r) leva preso na súa última etapa carcelaria desde xuño de 2007 (antes xa estivera 20 anos) e ten unha condea de 11 anos e 8 meses, máis o correspondente en multa económica.
Manuel atopábase na prisión de Zuera (Zaragoza), onde a súa companheira Isabel foi asasinada fruto da desatención médica, ata que a comezos do 2017 as Institucións Penitenciarias decidiron trasladalo de maneira imprevista ao Centro Penitenciario de Herrera de la Mancha (Ciudad Real).
Este cambio busca alonxalo da solidariedade que se organizaba na súa cidade nos últimos meses, con múltiples pancartas, actos e visitas, co fin de silenciar o seu caso. Ademáis de esto, súmanse as complicacións da localización da nova cárcere e o estado de saúde de Manuel, actualmente moi grave, quen vai ter que comezar de novo os tratamentos médicos, véndose interrumpido a súa recuperación.
Todo contra un preso comunista gravemente enfermo. Todo por non renderse e seguer denunciando e aportando escritos, dibuxos, relatos… a causa popular.

Por todo isto, nestes momentos nos que a consigna da AMNISTÍA TOTAL é máis ineludible que nunca, debemos de emplear todas as nosas forzas en organizar a solidariedade e facer fronte a represión!

¡IMPIDAMOS UN NOVO CRÍMEN DE ESTADO!
¡LIBERDADE MANUEL ARANGO!
¡LIBERDADE PRES@S POLÍTIC@S ANTIFASCISTAS!
C.P. Herrera de la Mancha. 13200 Manzanares. Ciudad Real.

Toda a actualidade podédela seguer a través dehttps://amnistiapresos.blogspot.com.es/ yhttp://www.presos.org.es/

Deixar un comentario