Campaña do COMITÉ contra a Doutrina Parot e a liberdade do noso veciño Suso Cela

SusoParot

Suso Cela Seoane naceu na Xironda (Ourense) o 13 de decembro de 1964. Combatente dos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro (GRAPO) e militante do Partido Comunista de España (reconstituído), foi detido e torturado por primeira vez en outubro de 1985. Tras cumprir integramente a pena imposta por “pertenza a banda armada”, Suso foi posto en liberdade o 23 de xaneiro de 1990, cando levaba 53 días en folga de fame.

Á semana de ser posto na rúa e regresar A Coruña -de onde é veciño- Suso Cela foi secuestrado por un comando do posteriormente coñecido como “GAL Verde”. Suso foi interrogado durante un día enteiro por un grupo de descoñecidos nun lugar indeterminado da xeografía galega ou pode que portuguesa. Debido ao acoso policial, Suso volve a incorporarse á loita clandestina en xullo dese mesmo, sendo novamente detido e torturado en outubro de 1990.

Suso Cela Seoane foi condenado a varias ducias de anos por participar na realización de varios ataques con explosivos, expropiación de fondos, etc, realizadas polos GRAPO. Tras cumprir o máximo marcado polo co Código Penal vixente, Suso tiña marcada data de saída de prisión para outubro de 2007. Porén, días antes de ser posto en liberdade, aplicáronlle a coñecida como “Doutrina Parot”, invento xurídico creado na Audiencia Nacional para alongar a pena de numerosos presos e presas políticas.

Durante todos estes anos, pasou polas cadeas de Carabanchel, Soria, Alcalá Meco, Sevilla, Topas e Badajoz, na que se atopa dende hai máis de dazaoito anos. En canto ao réxime de vida, Suso está clasificado en Primeiro Grao o que implica todo tipo de limitacións en canto ás visitas e todo tipo censura nas comunicacións coa rúa e entre os próprios presos políticos. O seu irmán Paco tamén está en prisión pola súa militancia comunista mais non se lles permite ver.

Suso Cela leva, en total, máis de 28 anos na cadea; estes 5 últimos de maneira totalmente ileGAL.

Deixar un comentario