Abril 12, 2016

Comunicado do Comité pola folga estudantil do 13.

Compañeir@s, actualmente atopámonos nunha situación onde existen centos de motivos polos que manifestarnos, coma hoxe, por un ensino en galego, público, anticlasista, antipatriarcal e anticapistalista, pola derogación da LOMCE e do 3+2.

Non son poucas as accións que as estudantes galegas temos feito anos atrás facendo manifestacións, charlas informativas, boicots contra a presenza de fascistas e machistas nos nosos centros educativos…  Manifestacións en diversas zonas de Galiza, onde houbo companheiras que foron identificadas, golpeadas e represaliadas por parte das forzas represivas do Estado, contando coa colaboración de chivatos coma o Sindicatos de Estudantes.  Actualmente existen moitos casos de companheiras con sancións económicas por facer uso da súa rebelión e outros casos d
as que se enfrontran a varios anos de prisións.

 

Bzlb7VfCYAAkANREstos últimos casos son os de Mario, Atanes, Antía por protestar fronte Feijoo, o de Adriel por participar nunha mani do 2013, e os de Oliver, Sine e Nerea por manifestarse en contra da LOMCE en Vigo no 2014. Pola existencia destes casos na Galiza, a nosa solidariedade debe ser activa, clamando pola AMNISTÍA das encausadas e de todalas presas políticas existentes no Estado Espanhol por defender un cambio de raíz. Un cambio máis xusto onde o estudantado non sexa producto de mercado, senon unha peza imprescindible para acadar dita transformación social.

Por este motivo, hoxe e sempre debemos lembrarnos das companheiras represaliadas e esixir a súa absolución e a sua amnistía total. Elas sofreron a represión por manifestarse coma hoxe face mos nós, co que non debemos esquecer que calquer día podemos ser unha de nós a que se enfronte a unha condea de cárcere.

LOITAR POR UN ENSINO PÚBLICO, EN GALEGO E ANTICAPITALISTA NON É DELITO

SOLIDARIEDADE ACTIVA CON TODALAS COMPANHEIRAS ENCAUSADAS POR DEFENDER O ENSINO

AMNÍSTÍA PRESXS POLITICXS!!

Comité de Solidariedade coas Presas e Presos políticos/as

Marzo 21, 2016

Violencia policial nun acto de apoio ao Dépor

Dende o Comité queremos denunciar a carga policial que se produxo o pasado sábado, totalmente inxustificado e desproporcionado. Cabe salientar que era un acto, sinxelo de apoio ao Dépor, onde había familias enteiras, mulleres, nenos, vellas e vellos…..Unha vez máis La Voz de Galicia cargou as tintas contra o colectivo Riazor Blues, criminalizándoos e culpabilizándoos, cando  a única culpable, foi a policia cargando nun acto totalmente festivo e lúdico. A continuación reproducimos o comunicado conxunto dos Riazor Blues e Federación de peñas. asi como as fotos dalgún ferido que terá que ser operado das lesións.

12108078_855772897865464_7177770920695019929_n

10985174_10207459094186949_6155522591574319338_n

Este é o titular lixo da Voz, cumplindo fielmente o seu papel desinformativo

12072810_855503171225770_3636024542023268234_n

Marzo 8, 2016

8 de marzo, dia da muller traballadora

Victoria Gómez Méndez1Hoxe, dende o Comité de Solidariedade coas Presas e Presos poíticos/as, sumámonos á xornada reivindicativa do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Para nós,trátase dun día para lembrar a loita histórica de miles de mulleres (moitas de elas aínda hoxe invisibles)coa fin de lograr a súa –nosa- emancipación, e para non esquecer o camiño que nos queda por percorrer para conquistar o noso presente e futuro.

Neste día non esquecemos que as mulleres traballadoras (dentro e fora do fogar), baixo o xugo de dous sistemas criminais como son o patriarcado e o capitalismo, seguemos a sofrer a opresión máis brutal, que se acentúa máis se cabe no marco de crise no que seguimos inmersas. As intolerables barreiras ás que nos debemos enfrentar cada día (explotación, invisibilización, violencia, negación de autonomía, etc) seguen sendo incontables, e as súas consecuencias, mortais.

Por suposto, tampouco queremos esquecernos hoxe de todas as mulleres que loitaron polos nosos dereitos, para que o mundo sexa un lugar mellor e máis xusto. Moitas de elas hoxe están encarceradas. Son presas políticas que, literalmente, deron todo por esta loita e que seguen sofrendo, coa cabeza ben alta, as represalias do Estado. Non debemos deixar que as íllen, encarcelen, torturen. Que o día de hoxe serva tamén para reivindicar a Amnistía, para berrar ben alto que as queremos fóra, con nós, e que con elas e todxs xs demáis rematemos con estes sistemas xenocidas e academos, ao fin, a máis plena igualdade e emancipación.

Sen mulleres non hairevolución!

Comité de Solidaridade cxs Presxs Politicxs

Febreiro 9, 2016

Carta de Maria Osorio

maria2014_web

Ola Pepita!!!

Que tal todo pola Corunha?

Por aquí turrando co frío ainda que melhor que o ano passado. Recentemente enterei-me da posta en liberdade de Arantza, coa que coincidín brevemente en Ávila no 2012. Alegro-me moito e, se podes, manda-lhe saúdos, ánimos e apertas da minha parte.

Nom tenho muitas novidades, já sabes como vai isto, deporte, estudos, manualidades e boa conversa, quando a hai. Eu e o companheiro ainda estamos esperando a que se faga efectivo e o auto do julgado para ter o vis. Levamos case dous anos sem nos a ver.

Como bem dis, esperemos que o 2016 venha carregado de liberdade e sáude para todos.

Muitos sáudos para a gente do Comité da Corunha e apertas para ti.

Mansilla de las Mulas 3-1-2016

Febreiro 9, 2016

Carta de David Garaboa

Querida Pepita, queridas compañeiras e compañeiros solidarios da Coruña. Arantza e maís eu tiñamos previsto felicitarvos o aninovo xuntos, porén….Arantza Liberdade!!! É unha gran victoria do movemento de Solidariedade. E agora, a pola Amnistía!

Por un 2016 carregado de Sáude e de Resistencia!!!

Moitos bicos e apertas cheos de forza e agarimo para todos nós. Venceremos!!!

decembro 20151918984_1057076941011287_495156013565254613_n

Febreiro 9, 2016

Manifa antirepresiva na Coruña do 23 de xaneiro

o pasado 23 de xaneiro, perto de 200 persoas percorreron o centro da cidade para denunciar a represión que se cerne e que non cesa sobre os movementos sociais. Consignas como “Audiencia Nacional, Tribunal Fascista”, “Contra a represón, mobilización”, “Contra o Estado e a súa violencia, agora e sempre, Resistencia”, “Operación Piñata, Montaxe policial”, “Alfón liberdade”, “Non estamos todas, faltan as presas”, foron algunhas das que se berraron ese día. Ao final, leeronse sendos comunicados da Plataforma contra a Represión, de apoio a Causa Galiza e de apoio á Plataforma pola absolución de Oliver, Nerea e Sine.12573936_1064337086951939_4327076911251417251_n12573681_1064336760285305_2597692069838641399_n12523203_1064337070285274_346967224904132812_n12495043_1064337036951944_605694198547136134_n

Xaneiro 5, 2016

CARTA DE DAVID GARABOA SOBRE A LIBERDADE DE ARANTZA!!

Cadea de Villena, 22 de decembro de 2015

Queridas compañeiras e compañeiros do movemento de solidariedade, conquerímolo: Arantza xa está ceive!!!

A liberación de Arantza é un logro moi importante, vital, porque o que estaba en xogo era a súa vida. Só hai que lembrar que dende que ingresou no hospital o 30 de maio de 2014 por un cancro de colon; Arantza foi operada en catro ocasións. Catro operacións en apenas ano e medio!!. Nestes dous derradeiros meses, entre os ingresos hospitalarios programados e os ingresos de urxencias, Arantza ten sido ingresada no hospital, 5 veces!! Despois de tantas operacións o seu intestino non remata de funcionar ben, e nestas circunstancias a súa permanencia na cadea supuña un grave risco para a suá vida. Tiñamos que sacala á rúa antes de que fose demasiado tarde. Foi unha batalla moi dura, pero conquerímolo. Arantza está na rúa!! . E teño plena confianza en que aí fora co apoio da nosa xente, das mulleres e os homes maís conscientes e comprometidos da clase obreira, Arantza vai gañar a batalla contra o cancro.

Quero facer un recoñecemento público á tarefa que ten desenvolvido o noso avogado para conquerir a liberación de Arantza. Bravo Andreu, qué grande eres!!. Dende que en xuño de 2014, apenas uns días despois de que lle detectasen o cancro a Arantza, solicitou por primeira vez a súa excarceracion, non ten deixado nen por un intre de dar a batalla xudicial, apesares dos atrancos e os tempos dilatorios que a Audiencia Nacional impuña neste asunto. Sen a perseverancia e o bó traballo do noso avogado, Arantza non estaría agora mesmo na rúa.

 

Nembargantes, eu sempre manifestei que para conquerir a liberación das presas e presos políticos gravemente enfermos non é suficiente coas batallas xudiciais. Ademáis, precisase o apoio e a solidariedade da rúa. Estou convencido de que Arantza non tería sido liberada sen a presión da rúa, sen esa enorme onda de solidariedade que se formou na rúa para reclamar a súa liberdade. A liberdade de Arantza é unha victoria do movemento de solidariedade. Non vou a nomear a ninguén porque non podo nomealos a todos, pero quero agradecer o apoio que nós tedes prestado todas e todos os que enchichedes as rúas de pintadas, cartazes, colantes, etc. reclamando a liberdade de Arantza; os que inundachedes a súa cela de solidariedade, enviándolle cartas e postais; os que tedes enchido de calor solidario o frío módulo penitenciario do Hospital de Alacant coas voas visitas; os que tedes dado concertos pola súa liberdade ou adicarlle cancións; os que tedes denunciado a súa situación no voso bairro, en charlas antirrepresivas, en internet, en radios libres….Sen a vosa solidariedade non teríamos gañado a batalla!!. Entre todas e todos vós tedes arrincado a Arantza das gadoupas do fascismo para que poida seguir vivindo, para que poida seguir loitando.

Arantza xa está na rúa pero….a loita segue!! OUtras presas e presos políticos gravemente enfermos aínda están en prisión e precisan a nosa axuda. Manuel Pérez Martinez Arenas, Manuel Arango Riego, María Jose Baños Andujar e Paco Cela Seoane padecen graves enfermidades e mentras permanezan en prisión a súa vida estará en perigo. Temos que sacalos a todos!! Segundo a información que me tedes feito chegar dende a rúa, unha vez liberada Arantza; o caso máis preocupante e urxente a día de hoxe é o de Manuel Arango. Pois ben, celebremos a liberdade de Arantza, temos motivos de sobra para facelo, pero comezemos a berrar xa: Arango Liberdade!!!

Recibide unha aperta enorme cargado de forza e de agarimo. Bó traballo solidario!!

Liberdade pres@s polític@s enferm@s!!!

Amnistía Total!!!

 

David Garaboa. Preso Político PCE (r)

Decembro 20, 2015

ARANTZA SAE EN LIBERDADE CONDICIONAL!!!!!!!!

O pasado venres foi liberada Arantza Díaz, unha gran nova, amosase, unha vez máis que dende a Solidariedade e facendo boas campañas podenselle arrincar dereitos a este Estado, benvida Arantza!!!

P.D, novas de ültima hora, indicannos que Arantza volta a estar ingresada no Hospital, hoxe fanlle un TAC, seica vironlle unha oclusión que non terían visto ata agora. Pode que teñan que voltar a operala. Quedan suspendidos os actos de benvida na súa terra.

 

12360255_1539155533074870_448063188844833691_n12391297_10201026591822417_7924671303752622653_n

Decembro 17, 2015

SEGUIMOS COA CAMPAÑA POLA LIBERDADE DE ARANTZA, NOVAS INICIATIVAS

Dende o Comité queremos agradecer aos 16 colectivos  da nosa cidade asinantes do manifesto pola liberdade de Arantza Díaz. Esta é unha máis das iniciativas que estamos a levar a cabo, outras  son como recollida de asinaturas, tanto individual como colectiva, envio de tarxetiñas de apoio a propia Arantza e de tarxetas de presión á Dirección da cadea. Pegada de cartazes pola cidade, etc.

Queremosvos transmitir outra iniciativa que imos principar, para que contamos coa colaboración de todos vós, esta é, facer cartazes de tamaño medio esixindo a liberdade de Arantza e facerse fotos, individuais ou en grupo para mandarnos ao seguinte email que poñeremos. Con esta iniciativa, faremos unha especie de “collage” con todas, agardamos que vós goste a idea, eiquí o email onde podedes mandar as fotos: arantzaliberdade@gmail.com12122395_1516053622051728_5890626875529526871_n

Decembro 17, 2015

16 COLECTIVOS ASINAN COMUNICADO ESIXINDO A LIBERDADE DE ARANTZA DIAZ

Os colectivos abaixo asinantes esiximos a inmediata posta en liberdade de Arantza Díaz Villar:

A Arantza detectouselle un cancro de colon o 26 de maio de 2014. o 29 é transladada de urxencia ao hospital e o 30 é operada de oclusión intestinal. O 9 de xuño operanna de segunda vez en dez días., esta vez para extirparlle o cancro. En todo o tempo que estivo no hospital estivo incomunicada de visitas e chamadas telefónicas. O 18 de xullo informalle o hospital que vai ser sometida a 6 meses de quimioterapia. O tratamento dura de agosto de 2014 a comezos de febreiro de 2015. Informaselle que en marzo se lle farań probas de comprobación do tratamento. En xuño dinlle que as probas serán definitivamente en xullo. O 28 de xullo falece a súa nai. O 30 de xullo dinlle que as probas serán en setembro. O 4 de setembro os médicos dinlle que nin tan sequer teñen data de saida para as probas.

Por fin, e logo de varias denuncias e solidariedade da rúa, asi como a súa actitude de loita na cadea ( ian principiar unha folga de fame indefinida) o 5 de outubro ( 7 meses despois do previsto) ingresa para realizarlle o TAC de comprobación do seu cancro de colon. O xoves danna de alta e xa na cadea comunicanlle que o cancro voltou a reproducirse. En principio, a finais de outubro voltanna a operar e tras iso, comezará un novo tratamento de quimioterapia contra o cancro de colon.

Asi o viviu ela: ” A incertidume rachame os nervos. Tocoume esta tempada dura, ademais coa morte de mi amatxu, de ter que facer plans de enfrontamento ao posible resultado, i este se retrasa e retrasa. Non é o mesmo ter que planificar a miña vida en prisión se o cancro pechase, e probas de comprobación semestrais, que non teñan feito e teña que voltar a comezar cun duro tratamento”, nun medio xa d epor sí moi hostil, con grandes tensións e hostigamento por parte dos carcereiros seguindo as políticas represivas contra os presos políticos, das que a desatención sanitaria é unha máis; un medio, ademáis, sen as mínimas atencións médico-sanitarias e nas piores condicións para facer fornte a este tipo de enfermidades.

Paralelo ao proceso médico está o xudicial. Segundo a súa propia lexislación este tipo de presos terían que ser postos en liberdade:

Artigo 92 do Código Penal:

No obstante lo dispuesto en artículos anteriores, los sentenciados que hubieran cumplido la edad de setenta años, o la cumplan durante la extinción de la condena y reúnan  los requisitos establecidos, excepto el haber extinguido las tres cuartas partes de aquella, o, en su caso, las dos terceras partes, podrán obtener la concesión de la libertad condicional.

O mesmo criterio aplicarase cando, segundo o informe médico, tratese de enfermos moi graves, con padecementos incurables:

Artigo 196 do Regulamento Penitenciario. Liberdade de septuagenarios y enfermos terminales.

1.Se elevará al Juez de Vigilancia Penitenciaria el expediente de libertad condicional de los penados que hubiesen cumplido setenta años o los cumplan durante la extinción de la condena. En el expediente deberá acreditarse el cumplimiento de los requisitos establecidos en el Código Penal. excepto el de haber extinguido las tres cuartas partes o, en su caso. las dos terceras partes de la condena o de las condenas.

2. Igual sistema se seguirá cuando, según informe médico, se trate de nefermos muy graves con padecimientos incurables. Cuando los servicios médicos del Centro consideren que concurren las condiciones para la concesión de la libertad condicional por esta causa, lo pondrán en conocimiento de la Junta de Tratamiento, mediante la elaboración del oportuno informe médico.

O avogado xa solicitou, mediante resurso, a liberdade de Arantza por padecer unha enfermidade grave e incurable ao Tribunal Especial da Audiencia Nacional, sendolle denegado en varias ocasións e atopándose en apelación, a pesares dos informes médicos que amosan a gravidade da súa enfermidade. Está claro que Arantza estará condeada a morrer na cadea, máxime cando tería que sair da cadea en xuño de 2017.

Por iso, que os abaixo asinantes solicitamos a śua inmediata posta en liberdade.

 

 

  • 15 M MONTE ALTO
  • STOP DESFIUZAMENTOS A CORUÑA
  • CEIVAR
  • CENTRO DE F.P TOMÁS BARRON
  • ATENEO LIBERTARIO XOSÉ TARRÍO
  • QUE VOLTEM A CASA
  • ASOCIACIÓN JIMMY CON NÓS
  • ELVIÑA NON SE VENDE
  • ASOCIACIÓN FEMINISTA RABUDA
  • ISCA
  • NAIS CONTRA A IMPUNIDADE
  • XEIRA
  • PLATAFORMA CONTRA A REPRESIÓN, CORUÑA
  • CENTRO SOCIAL GOMEZ GAIOSO
  • COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
  • COMITÉ DE SOLIDARIEDADE C@S PRES@S POLÍTIC@S

 

12369149_1538087776514979_3199895776550198691_n

12391392_1538088256514931_3280793503054675148_n

Decembro 14, 2015

Solidariedade con Adriel!!!!!!!!!!

Dende o Comité queremos solidarizarnos con Adriel e nós sumamos á Plataforma que se creou pola súa liberdade, estaremos atentos a vindeiras convocatorias.11252010_549505738542906_4154111473209792700_n

Novembro 24, 2015

Rolda de prensa dos detidos de Causa Galiza

Novembro 5, 2015

CAMPAÑA POLA LIBERDADE DE ARANTZA DÍAZ, PRESA POLÍTICA

Dende o Comité estamos a principiar unha campaña pola liberdade da presa política do PCE (r), Arantza Díaz. Recollida de asinaturas para presionar, tarxetiñas para mandarlles folgos a ela e contar cos colectivos e movimentos sociais da cidade para fúturas mobilizacións están entre as cousas que temos pensado facer nesta campaña.

12122395_1516053622051728_5890626875529526871_n

A continuación reproducimos o comunicado que se está a distribuir coa recollida de asinaturas.

ARANTZA LIBERDADE

Queremos denunciar o intento de exterminio lento e planificado de Arantza Díaz Villar, presa política do PCE (r), na cadea dende o 9 de xuño de 2006, ao igual do que xa acontezeu con outros prer@s polític@s como Isabel Aparicio, baixo o mesmo lema que exterminaron tamén a MIguel Hernández: “ou te arrepintes ou morres na cadea”. Hai que lembrar que estes homes e mulleres son da nosa clase e están en prisión por loitar de xeito máis consecuente polos intereses da clase obreira e popular contra este Estado fascista; polo mesmo que nós mobilizamos todos os días.

10408828_1518647468459010_3795517263744350705_n

A Arantza detectóuselle un cancro de colon o 26 de maio de 2014. O 29 transladanna de urxencia ao hospital e o 30 é operada de oclusión intestinal. O 9 de xuño operanna por segunda vez en dez días, esta vez para extirpar o cancro. En todo este tempo que estivo no hospital estivo incomunicada de visitas e chamadas telefónicas. O 18 de xullo o hospitalk informalle de que vai ser tratada a seis meses de quimioterapia. O tratamento dura de agosto de 2014 ata comezos de febreiro de 2015. Informanlle de que en marzo faranlle as probas de comprobación do tratamento. En xuño dinlle que as probas van ser en setembro e o 4 deste mes os médicos da cadea dinlle que nin tan sequer teñen data de saída das probas.

Pot fin, tras varias denuncias e a solidariedade na rúa, así como a súa actitude de loita na cadea (xa que tiña pensado facer unha folga de fame indefinida), o 5 de outubro(sete meses despois do presvisto) é ingresada para realizarlle o TAC de comprobación do seu cancro de colon tra-la terapia á que foi sometida. O xoves 9 é dada de alta e xa na cadea comunícaselle que o cancro reproducíoselle de novo. En principio, a finais de Outubro voltaran a operala e logo, comezará un novo tratamento de quimioterapia contra o cancro.

Así o viveu ela: “A incertidume racha cos meus nervos. Tocoume unha tempada dura, ademáis coa morte da miña nai, de ter que facer plans de enfrontamento ao posible resultado i este retrasase, retrasase….Non é o mesmo ter que planificar a miña vida en prisión se o cancro pechouse, e facer probas de comprobación semestrais. que non o teña feito e teña que comezar de novo o durísimo tratamento“. Nun medio como é a cadea, xa de por si hostil con grandes tensións e acosamento por parte dos carcereiros, seguindo as políticas represivas contra @s pres@s polític@s, das que a desanteción médica é unha máis, un medio, ademáis, sen as mínimas atención médico-sanitarias e nas peores condicións para facer fronte a este tipo de enfermidades.

12190912_1518648365125587_3795113482504105993_nO seu avogado xa solicitou, mediante rescurso, a liberdade de Arantza por padecer unha enfermidade grave e incurable ao Tribunal Especial da Audiencia Nacional, sendo denegado en varias ocasións e atopándose agora en apelación, a pesares dos informes médicos que amosan a gravidade da súa enfermidade (en base ao artigo 92 do Código Penal e 196 do Regulamento Penitenciario). Está claro que sen presión social, Arantza está condeada a morrer na cadea, máxime cando tería que sair para xulo de 2017.

É por iso que animamos a todos os colectivos e movimentos sociais, a tod@s @s solidari@s desta cidade, a asinar esta declaración esixindo a súa inmediata posta en liberdade no cumprimento das súas propias leis e evitar aís un novo asasinato dun pres@ polític@.

 

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE C@S PRES@S POLÍTIC@S

 

Novembro 5, 2015

Número gañador do sorteo da rifa solidaria c@s pres@s polític@s

12195766_1518860225104401_3690664044474613591_no número 500 foi o gañador do noso sorteo onde rifabamos un xadrez feito polo preso político Nacho Varela, quen resultase agraciado que se pase polo Bar Faluya a recoller o seu premio. Moitas grazas por colaborar.

Setembro 13, 2015

Actividades do mes de Setembro do novo Centro Social A Comuna

Cun pouco de retraso, damos a benvida ao novo centro social na Coruña, agardamos que teñan moito éxito e para que vaiades a botarlle un ollo, ensinamosvos as actividades que teñen neste mes de Setembro.11988688_1493486304297333_2810514133869932414_n

Setembro 13, 2015

Ameazas e acoso por parte dun Garda civil con ideoloxía neonazi a un compa astur.

Facemos pública a denuncia deste compa asturiano e nós solidarizamos dende o Comité con él.11924770_404309399773766_177164995708423126_n11953018_404309446440428_2307385064227304842_n

Xuño 17, 2015

Xornadas contra a represión en Vigo

11226544_667058886729308_6165133020079312299_n

Xuño 15, 2015

Homenaxe a Roberto Liñeira en San Amaro

Imagen0100HOMENAXE A ROBERTO LIÑEIRA  O SÁBADO 20 EN SAN AMARO

O día 16 de xuño de 1981 o comando composto polos galegos Roberto Liñeira, Dolores Castro, Albino López e o catalán Antonio Cabezas enfrontábanse a tiros coa Brigada Antiterrorista en Barcelona. Conseguen fuxir e recalan nun pobo preto da fronteira con Francia. Ao día seguinte instalan a súa tenda de campaña nos arredores de La Farga de Bebie, en Girona. Albino e Dolores se encamiñan ao pobo a por información sobre trens e algo de comida. Antonio e Roberto Liñeira agardan na tenda de campaña. Albino e Dolores, no pobo, son localizados pola garda civil e detidos. A versión oficial foi que ela levaba unha pistola camuflada e que ao intentar usala foron abatidos. A realidade é que foron brutalmente torturados e logo executados. Coa información proporcionada mor da tortura o resto do comando é localizado. Un grupo de 18 gardas civís descargan neles centos de balazos, asasinándoos no acto.

Roberto Liñeira Oliveira

Francisco Roberto Liñeira Oliveira, naceu na Coruña 23 anos antes do seu asasinato. Pronto destaca como un loitador político e, trala súa labor no mundo estudantil no seo da ODEA (Organización Democrática de Estudantes Antifascistas), o PCE(r) incorpórao ás súas filas.

Roberto é detido o 14 de outubro de 1979 xunto a outros 19 militantes antifascistas en Madrid, Barcelona e Valencia. A el préndeno en Madrid e é duramente torturado antes de pasar a prisión. Como non teñen probas excarcérano nuns meses e pasa á clandestinidade. Entón ingresa nos GRAPO e se lle nomea responsábel dun comando pola súa gran capacidade política e humana.

Participa na acción contra o Xeneral Enrique Bríz Armengol o 2 de setembro de 1980 en Barcelona. Axiña o seu nome é para a policía sinónimo de obxectivo a eliminar. Ese mesmo mes de xuño é ferido de bala pola policía en Barcelona. O día 17, Roberto foi literalmente cosido a balas, con varios orificios nos pómulos, peito e estómago. Tras varios días nos que o corpo non puido ser visto por ninguén non sendo á Garda Civil, Roberto é enterrado na Coruña a finais de xuño.

Antonio Cabezas Bella

Antonio Cabezas Bella era un traballador catalán que na época de 1972 contacta coa OMLE (Organización de Marxistas-Leninistas de España). Antonio era traballador da construción e en 1975, coa fundación do Partido Comunista de España (reconstituído), pasa a militar neste. É un dos militantes puntas de lanza da organización en Catalunya, aínda que debido á súa frenética actividade pronto é posto no mira represivo e ten que pasar á clandestinidade. A inicios dos 80 incorpórase aos GRAPO, primeiro como membro dun comando de información e máis tarde nun comando activo. Participa nas accións de maio e xuño do 81 e pronto establécese unha verdadeira caza do home contra Antonio e o resto de camaradas do seu comando.

María Dolores Castro Saa

María Dolores Castro Saa era de Pontevedra. Tomou contacto coa Unión de Juventudes Antifascistas, UJA, e achegou a numerosos novos máis á devandita organización de masas. A policía política a tiña xa controlada e ameazada e nunha das batidas represivas contra o movemento de resistencia a detivo, torturou e encarcerou. Ao saír de prisión pasa á clandestinidade e ao pouco tempo pide a súa incorporación aos GRAPO. Participou nas accións de maio e xuño de 1981. O día 3 de xuño en Valencia salvouse de ser ferida por moi pouco dun tiroteo coa Policía Nacional. Xa estaba plenamente identificada e posta no centro da diana represiva, polo que o seu asasinato era cuestión de días. Foi enterrada en Hospitalet de Llobregat o 26 de xuño.

Albino Gabriel López

Albino Gabriel López naceu en Ourense. Dende moi novo se iniciou nas actividades políticas revolucionarias na Unión de Juventudes Antifascistas, UJA. Nunha das redadas brutais contra esta organización, pero tamén contra Socorro Rojo, Mujeres Antifascistas e Pueblo y Cultura, Albino é detido. Tortúrano e mallan de tal xeito, que pasa ao cárcere en cadeira de rodas, cos pés totalmente esnaquizados, cheos de queimaduras e golpes. Custaríalle varios meses poder volver a andar con normalidade.

Dentro de prisión acentúa a súa militancia comunista. Ao saír en liberdade incorpórase á clandestinidade máis absoluta e nuns meses pide o ingreso nos GRAPO. Participa na acción contra dous gardas civís no barrio barcelonés de Horta o 4 de maio de 1981. A súa vida, como na salvaxe oeste, xa tiña prezo posto e nunhas semanas segáronlla. O cadáver de Albino Gabriel foi retido durante varios días pola Garda Civil, e ao final puido descansar en Vilarello, Ourense o 26 de xuño.

Faremoslle unha sinxela homenaxe a Roberto no cemiterio de San Amaro, onde está enterrado. Quen queira asistir, o acto está previsto para o sábado 20 ás 13.00h na entrada do cemiterio.

Xuño 10, 2015

CARTAS DENDE DENTRO — DAVID GARABOA

davidgaraboaenduec3b1as2008w Villena, 17 de maio de 2015

Querida Pepita, queridos compañeiras e compañeiros do Comité de Solidariedade coas presas e presos políticos, escribovos para informarvos de que recentemente recebín unha “Diligencia de Ordenación” da Audiencia Nacional modificando “la liquidación de condena a fin de descontar el arresto sustitorio de las penas de multa impuestas”. É dicir, que descontáronme os 6 meses e 5 días de cárcere que no seu día metéronme por non pagar a multa que me impuxeron naquela andrómena que ousaron chamar xuízo.

Considero importante lembrar que unha parte da multa que me impuxeron ia destinada a indemnizar aos policias que me torturaron fisica e sicolóxicamente durante 5 días cando fun detido. A miña denuncia de torturas rematou no lixo, nalgún despacho da Audiencia Nacional, nembargantes a min puxéronme unha multa por ousar denunciar aos meus torturadores. Por iso, no seu intre rexeitei o voso ofrecemento para recaudar na rúa os cartos da multa. Tratábase dunha cuestión de principios. Finalmente, conseguímo-lo sen baixar a cabeza, e unha vez descontados os 6 meses e 5 días a miña data de cumprimento é o 22 de maio de 2016.

O mérito deste trunfo correspóndelle ao noso avogado, Andreu, pois foi él quen realizou todas a s xestións para que me descontasen eses 6 meses e 5 días de cadea. Asemade, quero destacar o apoio que lle ven prestando a miña compañeira, a presa política do PCE (r), Arantza Díaz Villar, recentemente operada dun cancro de colon, pois supera con moito as súas “obrigacións” como avogado.

Como ben podedes imaxinar, estou moi ledo polo adianto da data da miña saída en liberdade. Porén, teño que dicirvos que eu non estaba preocupado por estes 6 meses e 5 días que ao cabo descontarónme. Eu estou preocupado polos meus camaradas do PCE (r) e GRAPO que permanecen en prisión malia padecer doenzas moi graves. Estou preocupado por Manuel Arango Riego, encarcerado malia sofrer Hepatite C e outras graves doenzas; por Maria José Baños Andujar que tamén padece Hepatite C e outras graves doenzas; por Arantza Díaz Villar, doente do cancro de colon; por Paco Cela Seoane, que sofre Hipoglucemia grave; e por Manuel Pérez Martínez, Arenas, que representa mellor que ninguén a intencionalidade política e represiva da desantezón médica nas cadeas, xa que leva anos impedindo que poidan facerlle unha simple operación de cataratas coa clara intención de deixa-lo cego. Coa lei na man, todos eles deberían estar xa na rúa polas súas graves doenzas que padecen, e se estes fascistas non os ceivan é porque o seu obxectivo é deixa-los morrer lenta e silenciosamente na cadea, como xa fixeron coa nosa camarada Isabel Aparicio, hai pouco máis dun ano.

Insisto, estou moi ledo por esta batalla xurídica que gañamos, pois vou tardar 6 meses menos do previsto en voltar con vós. Pero non pod evitar pensar que para as presas e presos gravemente enfermos, 6 meses de cárcere poden significar a diferenza entre a vida e a morte, e con eles as batallas xurídicas non van ser suficientes. Ademais, temos que seguir denunciando a cruel situación na que se atopan e seguir prestándolles todo o noso apoio. Hai que sacalos a rúa!!!!

Unha forte aperta carregada de forza e agarimo para todas e todos vós.

Liberdade pres@s polític@s enferm@s!!

             Amnistía Total!!

Marzo 10, 2015

Impidamos máis crímenes do Estado

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere mostrar en primeiro lugar o noso total apoio e solidariedade coa familia do preso Borja Martín Gómez que “apareceu aforcado” na prisión da Lama. O sospeitoso feito ocorreu o pasado sabado pero a nova non transcendeu porque dende os medios de “comunicación” do réxime considerárono como un “suicidio máis”. Volvo, como era coñecido, foi un preso activo dentro da cadea o que fai máis posible pensar que a cárcere se cobraran unha nova vítima que por desgraza non se investigará como faleceu e a verdade sobre o ocurrido na prisión o sabado entre as 13 e as 14 horas quedará sin investigación como outros feitos similares xa ocurridos.

Por todo o que acabamos de mencionar non debemos permitir que este asesinato senha olvidado e entre todos debemos difundir a realidade sobre un novo crime ocurrido dentro do sistema penitenciario do estado español.

image3 (1)

Ademáis creemos moi necesario que todxs difundamos a grave situación de saude que están a sufrir os nosxs compañeirxs: Arantza Díaz e Manuel Arango. Ambos sufriron recientemente un agravamento do seu estado de saude polo que debemos impedir que o estado cometa un novo crime. Agora é máis importante todavía difundir a grave situación que están a vivir estxs compeñeirxs levando as rúas a necesidade da AMNISTIA. Así os beneficiados xa non so serán elxs sinon a totalidade dos presxs que están privados da súas liberdades nos centros de exterminio que son as cárceres do estado español.

Por último recordar a todxs vxs que tedes máis información neste enderezo sobre a campaña que se está a levar a cabo pola liberdade inmediata dxs Presxs Políticxs Enfermxs. Aquí tamén teredes a posibilidade de obter as direccións das cárceres onde están condenados a cadenas perpetuas encubertas e así romper o illamento que sofren a través do envío de cartas nas que lle traslademos todo o noso apoio e solidariedade, xa que así será máis difícil para o estado levar a cabo novos asesinatos nas prisións.

image2image1